Skip to main content
Lugo

Hipólito Pérez xa é director xeral de Urbanismo: “Desempeñarei este labor con obxectividade”

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

O novo director xeral de Urbanismo do Concello de Lugo, Hipólito Pérez, tomou posesión da súa praza este venres. A firma foi presidida pola alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, que estivo acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, así como polos xefes dos servizo de Arquitectura, Urbanismo e Arqueoloxía e o secretario municipal.

A rexedora deu a benvida ao novo traballador municipal e desexoulle sorte nesta nova etapa profesional. “Esta dirección xaral vai ser unha ferramenta imprescindible para este concello e para todo o seu desenvolvemento urbanístico. Sabemos da túa valía, do teu coñecemento. Sabemos que é un reto, un reto que aceptaches, o que che agradecemos enormemente”. Sinalou tamén que intentarán facilitarlle os inicios, “que son sempre a etapa máis complexa. Estamos moi satisfeitos de poder  contar con esta ferramenta da dirección xeral que coordine os servicios de Arquitectura, Urbanismo e Arqueoloxía”. A alcaldesa asegurou que os xefes de servizo destas áreas “están moi contentos con esta incorporación” e desexoulle moitos éxitos ao novo director xeral, “porque os teus éxitos son os nosos e os de toda a cidade”.

Pola súa banda, o novo director xeral de Urbanismo mostrouse ilusionado ante a súa nova resposnabilidade. “É unha honra incorporarme ao Concello de Lugo e asumir este gran reto. Atópome moi ilusionado ante esta nova etapa”. E comprometeuse a traballar moi duro “para servir ao ben común defendendo sempre os intereses da cidade e de toda a veciñanza” e a desempeñarei este labor “con obxectividade e imparcialidade e sempre en defensa de Lugo e os seus veciños e veciñas”, sinalou Hipólito Pérez.