Skip to main content
Lugo

Olalla Rodil exerce o seu dereito ao voto en Lugo nunha xornada “histórica para Galiza e para a provincia”

Por 18 Febreiro, 2024Sin comentarios

A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, votou esta mañá no colexio Illa Verde da cidade de Lugo. Rodil afirmou que a xornada de hoxe será “histórica para Galiza e para a provincia de Lugo” e chamou a unha gran participación. “Lanzamos a todas o chamamento para que veñan a votar, é un momento decisivo para as galegas e galegos”, dixo Daniel Castro.

O candidato do BNG trasladou “un saúdo e ánimo ás persoas que toman parte nas mesas electorais e as apoderadas e interventoras, e aos medios de comunicación” para o que queda de xornada electoral.