Skip to main content
Lugo

O Club Fluvial de Lugo logra a primeira posición no Campionato Galego de K1/C1 de Inverno

Por 20 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este sábado celebrouse no encoro de Castrelo de Miño o Campionato Galego K1 e C1 Sénior, Sub23 e Júnior sobre a distancia de 5.000 metros. O Club Fluvial de Lugo clasificouse na primeira posición na categoría xeral do Campionato por diante do Club de Mar Ría de Aldán e do Club Naval de Pontevedra dun total de 37 clubs galegos.

Ademais, nas categorías Júnior e Sénior masculinas tamén quedou na primeira posición, en categoría Júnior feminina na sexta posición e en categoría Sénior feminino na sétima posición. A nivel individual destacan o primeiro posto en categoría Sub23 C1 de Ana Gorisnky e en categoría Júnior K1 feminina Emily Fernández Docherty na primeira e Aida Fonseca Jover na segunda posición.