Skip to main content
Lugo

Lugo conmemora o Día internacional do guía turístico

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mércores no acto de conmemoración do Día internacional do guía turístico. Nesta edición, a celebración céntrase en resaltar o valor ambiental ao que contribúen os e as profesionais deste sector co seu labor divulgativo durante o transcurso das súas visitas, algo que cobra especial importancia no caso de Lugo polo seu potencial paisaxístico, a súa contorna natural de gran valor ambiental e por contar coa catalogación de Reserva da Biosfera no seu territorio.

Tras o acto, a rexedora destacou a achega deste colectivo á promoción da cidade. “O seu labor é fundamental para que todo o noso patrimonio histórico, artístico e natural poida ser coñecido non só polos visitantes, senón pola propia veciñanza”, manifestou Alvarellos Fondo quen estivo acompañada polo edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández e polo responsable da área de Dinamización Económica, Mauricio Repetto.

A efeméride, que programou visitas gratuítas pola cidade en distintos idiomas, está impulsada pola Federación Mundial de Guías Profesionais de Turismo. Esta organización profesional sen ánimo de lucro foi creada o 21 de febreiro de 1985 durante a primeira Convención Internacional de Guías Turísticos realizada en Austria.