Skip to main content
Lugo

O Pazo de Feiras e Congresos acolle a primeira edición do Motorfest

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

Esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle a primeira edición de Motorfest, que ofrecerá unha ampla exposición de vehículos, así como espectáculos, drift, simuladores, concursos e festa nocturna con Dj.

A apertura terá lugar o día 24 ás 10.00 horas e a xornada prolongarase ata as 23.00 horas. Pola súa parte, o domingo abriranse as portas ás 10.00 horas e a exposición dará por concluída a súa primeira edición ás 19.30.