Skip to main content
Lugo

Continúa pechado un tramo do paseo do Miño pola crecida do leito fluvial

Por 27 Febreiro, 2024Febreiro 28th, 2024Sin comentarios

O Concello de Lugo está a realizar un seguimento continuo do nivel do río Miño ao seu paso polo municipio. Efectivos da Policía Local levaron a cabo o peche dalgún punto concreto do paseo fluvial este luns, como no tramo entre o Balneario e o restaurante O Muiño, con motivo da crecida do caudal, que acadou na pasada xornada un máximo de 3’51 metros.

Esta mañá o nivel xa descendeu a menos de 3,20 metros, aínda que por precaución e para evitar riscos continúa pechado o tramo entre o Balneario e a ponte branca, así como a zona interior do paseo do Club Fluvial que se atopa asolagada. Nestes momentos, continúa activada a alerta laranxa por crecidas, aínda que se prevé que durante o día poida pasar a nivel amarelo.

O nivel de 3’51 metros alcanzado o luns dista do máximo rexistrado o ano pasado, o 17 de xaneiro 2023 que chegou a 4’82 metros. Pese a isto, o Goberno Local recomenda á cidadanía que non se aproxime ás beiras do Miño, pois aínda baixando o seu nivel, o caudal é importante.