Skip to main content
Lugo

A Deputación aproba a ampliación das instalacións da Protectora de Lugo

Por 27 Febreiro, 2024Sin comentarios

Os deputados do Grupo Provincial Popular acadaron o compromiso do pleno “a pesar do voto en contra do PSOE” para que Concello de Lugo, Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia impulsen conxuntamente a legalización e ampliación das instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo.

Antonio Ameijide recorda que as instalacións da Protectora atópanse nunha parcela da Deputación de Lugo, polo que como administración titular e responsable dos terreos está a pagar as sancións que impón a Confederación Hidrográfica Miño Sil “pola non regularización das instalacións”. O voceiro popular explica que tras manter contactos coa Confederación Hidrográfica Miño Sil “podemos confirmar que as instalacións actuais da Protectora son legalizables e ampliables” polo que se “desmontan así anos de mentiras de PSOE e BNG”.

Antonio Ameijide sinala que “agardamos que o voto a favor do BNG nesta iniciativa non sexa de cara á galería e ademais de premer o botón do si presionen aos seus socios de goberno para traballar para regularizar e ampliar as instalacións e así mellorar notablemente as condicións nas que se atopan os animais que alí viven”.