Skip to main content
Lugo

O cemiterio municipal de Lugo volverá acoller enterros polas tardes

Por 28 Febreiro, 2024Febreiro 29th, 2024Sin comentarios

O cemiterio San Froilán volverá acoller enterros polas tardes tras case catro anos nos que a organización de funerais estaba restrinxida ao horario de mañás. A falta de persoal no servizo público era unha as eivas, segundo sinalan dende o Concello, para poder restablecer o horario habitual.

Deste xeito, os enterros celebraranse de 10.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 ou a 19.00 horas. Así dáse resposta ás demandas dos lucenses, que aseguraban que o horario reducido provocaba máis gastos para as familias e dificultaba a asistencia aos funerais, queixas que foron trasladadas dende a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti.

O colectivo, lembraba que a medida supoñía que para poder asistir a un enterro dun familiar ou un amigo, tiñas que pedir a mañá libre no traballo ou non podías asistir. Ademais, as familias tamén resultaban prexudicadas xa que, cando unha persoa falece, “ao medio día dita celebración tense que demorar un día máis, para poder celebrar o enterro pasadas as 24 horas do seu falecemento”. Isto supón, segundo a federación, que a familia teña que pagar un día máis polo uso do tanatorio, ao non poder realizalo ao día seguinte pola tarde.