Skip to main content
Monterroso

O Ceip de Monterroso conmemorou o Día da Paz e da Non Violencia

Por 1 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Ceip Plurilingüe de Monterroso conmemora, coa colaboración do Concello de Monterroso e das familias, o Día da Paz e da Non Violencia con diferentes actividades.

Unha delas foi a elaboración dun mural da Paz realizado con pelotas de tenis.

Outra das actividades foi a confección dun mural de países en conflicto, onde cada clase traballou un país e o conflicto que vive.

A maiores, aproveitando as distintas realidades multiculturais que ten o centro, pedíuselles ás familias que trouxeran unha sobremesa típica dos seus lugares de orixe, que os nenos e nenas se encargaron de explicar aos seus compañeiros. Pedíuselles ademais ás familias de Infantil e de primeiro e segundo de Primaria que colaboraran traendo tamén sobremasas típicas da nosa terra.

Tamén se fixo un libriño por clase sobre ‘A qué sabe a Paz’ e unha cadea de boas accións. A celebración rematou cantando e bailando a canción ‘Mensajes del agua’ de Macaco.