Skip to main content
Monterroso

A Cúpula de Monterroso acollerá a actividade Divírtete coas motos

Por 19 Febreiro, 2024Febreiro 23rd, 2024Sin comentarios

O vindeiro 16 de marzo o pavillón municipal A Cúpula de Monterroso acollerá a actividade Divírtete coas motos. Será en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00

Así, os cativos poderán correr nun pequeno circuíto no que se lles proporcionará luvas, botas e roupa térmica ou sotomono. Tamén haberá un sorteo de agasallos, photocall, e moitas ganas. Ademais haberá un regalo estrela que consistirá unha xornada de moto con pilotos experimentados no circuíto de kárting de Outeiro de Rei.

As inscrición poderán facerse a partir das 11.00 horas do 1 de marzo e terán preferencia os empadroados en Monterroso. O resto de participantes, se sobran prazas, poderán anotarse do 8 marzo ao 14 marzo.