Skip to main content
Monterroso

O BNG de Monterroso denuncia que o Goberno local non tramita as súas propostas para o Pleno

Por 27 Febreiro, 2024Sin comentarios

O BNG de Monterroso denuncia que no Pleno mensual de febreiro que se celebrará o vindeiro xoves 29, o equipo de Goberno non introduciu na orde do día a proposición do grupo nacionalista sobre a creación dun Plan de Igualdade.

“Non é un feito illado, xa que propostas sobre o Plan Único e sobre a creación dunha ordenanza para regular as Feiras, presentadas en plenos anteriores, tampouco foron aceptadas” denuncia o concelleiro nacionalista, algo que ten dudoso amparo democrático.

O grupo municipal do BNG vese obrigado a usar os asuntos de urxencia grazas ó apoio da oposición e a  valora  buscar outros órganos como a Xunta de Portavoces ou acudir á Valedora do Pobo., “pois non se nos deixa facer o noso traballo de preentar proposicións para mellorar a vida da veciñanza de Monterroso” expón Brais.

Criticamos que o grupo de goberno  censure as propostas dos outros grupos cando eles mesmos son incapaces de levar ninguna proposta ó pleno, salvo recoñecementos de crédito e modificacións de ordenanzas.

“Gobernan a base de decretos, sen consenso e sen propostas de ningún tipo. Aínda encima evitan que os demáis poidamos presentar as nosas” conclúe o concelleiro.