Skip to main content
Navia de Suarna

Navia de Suarna celebrará a Festa da Androlla este domingo

Por 7 Febreiro, 2024Sin comentarios

O vindeiro domingo 11 de febreiro o municipio de Navia de Suarna volverá celebrar como cada ano a Festa da Androlla.

O inicio será a partir das 10.00 horas co percorrido do pasacalles a cargo dun grupo de gaitas e a proba de habilidades do V Ruta da Androlla 4×4. Media hora máis tarde terá lugar a apertura das casetas, acto co que dará comezo a XXXIII Festa da Androlla.

Ás 13.00 horas levará a cabo na praza da Vila a tradicional degustación deste delicioso embutido, aínda que os presentes tamén poderán tomar outros tradicionais embutidos da zona como é o caso do pigureiro ou o butelo. Ás 15.00 horas celebrarase a comida oficial.

Pola tarde, ás 18.00 horas, un grupo de gaitas actuará para amenizar a xornada e poñer o punto final á festa.

Durante todo o día poñeranse adquirir produtos típicos: chourizos, queixos, morcillas, cerámica, ourivaría e outros produtos artesanais.