Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAQuiroga

Un curso para persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil desenvolverase en Quiroga

Quiroga acollerá un curso básico de formación para persoal das Agrupacións de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil organizado pola Xunta de Galicia.

O curso presencial, de 25 prazas, desenvolverase entre o 17 e o 21 de abril, cando se impartirá formación preceptiva para o exercicio das funcións de voluntario das AVPC durante 32 horas, 22 delas teóricas e outras 10 prácticas.

O contido abrangue a protección civil, os riscos, accidentes e autoprotección, a loita contra os incendios, as comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.