Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAChantada

O Castañazo Rock que se celebra en outono en Chantada xa ten cartel anunciador e datas

Por 27 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Os organizadores do Festival do Outono, o Castañazo na súa edición 2024, veñen de presentar o novo cartel da man do artista JonGo Art, que creou a imaxe deste tradicional festival de rock.

Ademais, xa anunciaron as datas nas que se desenvolverá de novo esta mestura de música de rock, sendo os vindeiros 1 e 2 de novembro, polo que animan a todos a reservar esta data e ter “unha escusa para vir o Corazón de Galicia”.

Así, sosteñen que xa teñen “toda a maquinaria a funcionar para traer unha nova edición que de seguro virá chea de emocións e diversión”, aínda que non adiantaron ningún grupo participante, polo momento.