Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXALugo

Invitan ao alumado da provincia á Olimpíada Galega de Química

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación de Químicos de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga), anima ao alumnado de bacharelato dos centros educativos da cidade de Lugo e a súa provincia para participar a XLI Olimpíada Galega de Química, que se celebrará o próximo 8 de marzo de 2024 nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. O prazo para inscribirse finaliza o próximo día 2 de marzo de 2024.

A XLI Olimpíada Galega de Química, segundo destaca Juan Sanmartín, vicepresidente da asociación e coordinador da proba, homenaxea este ano a Arturo Martínez, un químico ligado profesionalmente á empresa Cementos do Noroeste durante máis de 40 anos, primeiro como director de fábrica e logo como máximo responsable do laboratorio central do grupo cementero.

Arturo Martínez, natural de Mugardos, tivo a acertada iniciativa de incorporar, por primeira vez en España, cinzas volantes procedentes da combustión de carbón pulverizado. Juan Sanmartín convida, un ano máis, a participar ao alumnado galego de bacharelato. “Queremos animar ao alumnado de bacharelato a que se inscriba, porque eles son os verdadeiros protagonistas”.

Probas de 2024

As probas en 2024 realizaranse simultaneamente en cinco cidades galegas: Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, o venres, 8 de marzo, ás 16.30 horas. A Asociación de Químicos de Galicia mantén aberta a inscrición ata o 2 de marzo ás 23.59 horas. O alumnado poderá apuntarse vía en liña en https://www.colquiga.org/olimpiada-galega-2024

O presidente da Asociación de Químicos de Galicia e decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodríguez Méndez, lembra que a Olimpíada Galega de Química “quere estimular entre os máis novos o interese pola química”. “Os mozos que participan agora nestas probas serán os investigadores que achegarán solucións para afrontar os novos retos do futuro”, indica Manuel Rodríguez Méndez, quen anima a participar ao alumnado galego de bacharelato.