Skip to main content
Carballedo

Carballedo acolle unha festa do Entroido este domingo

O Concello de Carballedo celebra a súa festa de Entroido este vindeiro domingo 11 de febreiro a partir das 18.00 horas no pavillón municipal.

Están convidados a desfrutar dunha tarde festiva todos os veciños e veciñas do Concello e tamén a todos os que queiran achegarse disfrazado, xa que haberá dj para animar a xornada con música e monitores para os nenos e nenas.

Así, contarase con toro mecánicco, hinchables, actividade de tiro con arco, pintacaras, globoflexia e, para finalizar o día, chocolate con churros para todos e todas os asistentes.