Skip to main content
Chantada

Chantada acolle unha formación dirixida a veterinarios

Por 18 Febreiro, 2024Febreiro 19th, 2024Sin comentarios

Chantada ofrece unha formación dirixida a veterinarios e organizada pola Comisión de grandes animais do ICOV Lugo do 15 de marzo ao 26 de abril. A proposta que se pon en marcha baixo o nome de Funcións do Veterinario de explotación no sistema integral de xestión de explotacións gandeiras bovinas, porcinas e avícolas, conta con 120 prazas por orde de inscrición e está recoñecido pola administración pública.

A matrícula realizase de maneira online pola EGAP. Os coordinadores serán Rodrigo Muiño Otero doutor veterinario e profesor da USC, José Antonio Fernández García doutor veterinario da ADSG Aira e Cristina Márquez Lombao veterinaria da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia. O obxectivo é  a formación dos veterinarios en todas a súas competencias para levar a cabo funcións do veterinario responsable das explotacións gandeiras bovinas, porcinas e avícolas: plan sanitario, benestar animal e a xestión ambiental e loita contra o cambio climático.

O programa comeza o venres 15 de marzo ás 16.00 horas coa introdución ao sistema integral de xestión de explotacións gandeiras da man de Jesús J. Cantalapiedra Álvarez, inspector veterinario na Conselleríade Medio Rural. A partir das 17:30-18:30, Óscar Cacharrón Mojón, inspector veterinario na Consellería de Medio Rural, achegará a Normativa da ordenación gandeira avícola e ás 19.00 Carlos Folgar Ares falará sobre a normativa da ordenación gandeira porcina.

Plan de hixiene

Ás 16.00 é a quenda de José Antonio Varela Señaris, inspector veterinario no Servicio de Seguridade Alimentaria nas Producións Gandeiras da Consellería de Medio Rural que contará un plan de hixiene e bioseguridade. Logo falará Gonzalo Fernández Rodríguez, decano da Facultade de Veterinaria e profesor da área de Sanidade Animal da USC sobre un plan de vixilancia das enfermidades de declaración obrigatoria e tamén  Rosario Panadeiro Fontán, catedrática da área de Sanidade Animal da USC que achegará un plan de vixilancia e control das principais enfermidades parasitarias.

O venres 5 de abril tratarase os plans sanitarios integrais con Ignacio Arnaiz e Luis Miguel Jiménez Galán e o plan de uso reacional de antibióticos con Gerardo Ribero Cuesta. O día 12 os participantes formaranse sobre os plans de benestar animal con Isabel Blanco Penedo, Carlos Folgar Ares e Óscar Cacharrón Mojón. O plan de xestión ambiental será o protagonista do curso o 19 e o 26 de abril coa participación de Carmen Fernández Mouro, Víctor Novo Vázquez, Santiago Martínez Calvo, Lucía Belver Quiroga e David Iglesias García-Conde. Haberá un exame de media hora na última xornada.

Dende o PSOE de Chantada culpa á Xunta por atribuírse méritos que “en ningún caso lle corresponden”, algo que non lles sorprende sorprende. “A última das ocorrencias neste sentido ten que ver cun curso de formación dirixido a veterinarios. Segundo aseguran, resulta que a parte loxística da organización do curso corre a cargo do Colexio de Veterinarios de Lugo e que a financiación vai por conta da Deputación Provincial de Lugo, que aporta máis de 5.000 euros.

“O papel da Xunta redúcese a tramitar as matrículas e a baremar o curso para procesos selectivos ou acreditación de méritos. É dicir, unha participación puramente burocrática”. Engaden que non é que o caso sexa máis grave que “outras actuacións propagandísticas perpetradas pola Xunta nestes días, pero cremos necesario informar para que este tipo de cousas non sigan acontecendo”.