Skip to main content
Chantada

A artesá Lorena Quintas impartirá un obradoiro de xogo de fíos no Espazo Xove de Chantada

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

O venres día 1 de marzo celebrarase no Espazo Xove de Chantada un obradoiro de xogo de fíos a cargo da artesá de Allariz, Lorena Quintas Rejo.

Esta autora asina a exposición que tivo lugar durante o mes de febreiro dos seus traballos de artesanía con fíos, que inclúe cadros e platos e creacións en madeira con esta técnica artesanal. A artesanía de Lorena Quintas consiste en facer artesanía debuxando con fíos a través do tacto.

Esta actividadade, que terá lugar o venres 1 de marzo en horario de 16.30 a 18.00 h vai dirixida a todos os públicos e dá comezo ás actividades do mes de marzo no que traballamos arredor do Dia Internacional da Muller.