Skip to main content
Monforte

O Enterro da Sardiña de Monforte puxo fin ás actividades organizadas polo Entroido

Por 15 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Enterro da Sardiña de Monforte puxo fin as actos organizados polo Goberno local para celebrar con toda a veziñanza a Festa do Entroido de Monforte neste ano 2024.

Como é tradición, a Cofradía do Santo Enterro da Sardiña saíu da praza de España ás 20.00 horas, percorrendo as rúas Cardenal, avenida de Galicia, Ponte nova, praza de Santo Antonio e Concello.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do equipo de Goberno, participoi no percorrido polas rúas monfortinas e recibiu á comitiva do Enterro diante da fachada do Concello, onde lle foron entregadas as coplas cantadas nesta edición.

Tras a lectura e cánticos das coplas, ante o numeroso público que participou nesta edición, a comitiva desprazouse ata a Ponte Vella onde a sardiña foi ceibada no río Cabe.