Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte cre necesario arranxar urxentemente varias rúas e estradas do municipio

Por 28 Febreiro, 2024Sin comentarios

O PP de Monforte pídelle ao Goberno local que arranxe rúas e estradas que “precisan dun arranxo urxente”, despois de acadar no pleno o compromiso do Goberno local para acometer o arranxo de varias vías do municipio.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “somos conscientes de que cando chove hai actuacións de arranxo de rúas e estradas que non se poden realizar, pero non vemos necesario ter que agardar ao verán para poder realizar estas intervencións”.

Unha das actuacións ás que se comprometeu o goberno local é o arranxo do firme da rúa Montepando, “unha reclamación que realizamos en numerosas ocasións é que por fin conseguiu o compromiso do goberno local”.

A outra intervención é na estrada que une as parroquias de Sindrán e Chávaga, “que se atopan nun estado lamentable, chea de fochancas e totalmente intransitable”, explican.

“Ao igual que Tomé inviste miles de euros cada ano en asfaltar as mesmas rúas, estradas e camiños, dende o PP de Monforte recordámoslle que hai moitas outras rúas e estradas que precisan dun arranxo urxente”, rematou.