Skip to main content
Monforte

Katy Varela esixe ao Goberno local que solucione os problemas de abastecemento da auga

Por 29 Febreiro, 2024Sin comentarios

Katy Varela pregunta ao alcalde “de que nos serve que anuncie un investimento millonario para suprimir os pasos a nivel se nas parroquias non hai auga e na cidade non hai presión suficiente para que chegue a auga ás vivendas?”.

O PP de Monforte esixe a Tomé unha solución aos problemas co abastecemento da auga en lugar de bombas de fume cos pasos a nivel porque “de que nos serve se non temos auga nas casas?”.

Así de contundente se amosou a voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como hai tres días que as parroquias do municipio están sen auga e hai problemas coa presión na cidade e José Tomé anuncia que vai a suprimir os pasos a nivel no municipio.

Recordan dende o PP de Monforte que na madrugada do luns, toda a cidade quedou sen auga e que dende o propio Concello “se limitaron a comunicar que se debe a unha avaría na potabilizadora e restrinxen a auga ás parroquias, pero “onte seguiamos no mesmo punto, coas parroquias sen auga e con moitos barrios da cidade sen presión de auga”.

Así, engade que “a única saída que atopan no goberno local é dicir que para arranxar a avaría eléctrica están a falar coa empresa subministradora da enerxía. No tempo no que vivimos non se pode ter a un municipio como Monforte con pouca presión ou directamente sen auga. José Tomé ten que asumir as súas responsabilidades”, sentenciou.