Skip to main content
Pantón

Rematan as obras da senda peonil de Tuiriz, en Pantón

Por 4 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada LU-617 en Tuiriz, no Concello de Pantón. Esta actuación, cun orzamento de preto de 330.000 euros, ten como obxectivo mellorar a mobilidade e a seguridade viaria a través da construción dunha nova senda de 530 metros a ambos os lados da LU-617, ao seu paso polo núcleo de Tuiriz. O novo itinerario conta cun ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade. Con esta actuación complétase o itinerario existente nesta vía da Xunta, dotando a parroquia dun itinerario peonil continuo de 850 metros de lonxitude.

Para executar o novo itinerario foi necesaria a demolición, primeiro, das cunetas, soleiras existentes e demais pavimentos. Despois dispúxose o novo itinerario en saburra artificial e formigón bituminoso. Ademais construíronse 2 muros de contención con bloques de granito, que dispoñen de varandas de protección. Tamén se dispuxo balizamento e defensas. A intervención completouse coa colocación de canal de desaugue e sumidoiros, conectados a unha nova canalización para garantir a correcta recollida das augas pluviais.