Skip to main content
Pantón

A Asociación de Veciños de Tuiriz organiza unha excursión a Verín e Chaves

A Asociación Tuiriz Con U organiza unha excursión a Verín e Chaves o vindeiro domingo 11 de febreiro para desfrutar do Entroido.

Así, as persoas interesadas en participar poderán desfrutar do Domingo Gordo de Verín cun gran desfile matutino de cigarróns, comparsas e carrozas e en Chaves xantarán e visitarán a ponte romana de Trajano, o Museo das Termas Romanas e o centro histórico da cidade.

A hora de saída será desde as 09.00 horas do local social da parroquia de Tuiriz e as persoas participantes deberán pagar 25 ou 20 euros se son socios e 31 ou 26 se non son socios, dependendo do menú que escollan.