Skip to main content
Pantón

Raquel Arias defendeu en Pantón o Bono Coidado no Fogar da Xunta

Raquel Arias puxo en valor a implantación do Bono Coidado no fogar en Pantón, acompañada polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, como “un apoio económico para contribuír a atender ás persoas dependentes no seu entorno”.

En total, destínanse un total de 5.000 euros ao ano por parte da Xunta de Galicia, segundo explica Arias, o que supón 416 euros ao mes para cada persoa dependente.

Concretamente, na zona sur da provincia, nos concellos das comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada, son 381 as persoas beneficiarias, polo que Arias pide o voto para que o PP siga na Xunta.