Skip to main content
Pantón

Ferreira de Pantón contará con outra festa de Entroido coa Asociación Trece Roeis

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Trece Roeis de Pantín organiza unha festa de Entroido o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 21.30 horas no colexio Monte Baliño para compartir cea e festa de disfraces.

Para amenizar a troula contarase cun DJ, Brais GZ e haberá premios para os tres mellores disfraces, sorteos e unha comida que incluirá chourizo e xamón curado, sopa de cocido, cocido galego e doces de entroido.

O aforo será de 200 persoas, polo que haberá sitio para moitos veciños e veciñas de Ferreira de Pantón que se queiran achegar a desfrutar da festa.