Skip to main content
Pantón

O grupo de teatro Augas do Sil representará unha obra de teatro en Pantón

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Pantón organiza e acolle unha nova actividade para o desfrute de todos os veciños e veciñas do municipio a través dunha obra de representación teatral.

Así, o grupo de teatro Augas do Sil de Ribas de Sil representará esta tarde a súa obra Nunca é tarde para o amor, unha comedia que fará rir a todo o público.

A iniciativa terá lugar no salón de actos do Concello o vindeiro 25 de febreiro ás 18.00 horas, momento no cal todas as persoas interesadas poderán achegarse para vivir un momento divertido cos seus veciños.