Skip to main content
QuirogaRibadeo

Aberto o prazo de inscrición nos cursos para voluntarios de protección civil

Por 7 Febreiro, 2024Sin comentarios

Abriuse o prazo para inscribirse nos cursos de formación para persoal das Agrupacións de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil (AVPC) que se celebrarán en Quiroga e Ribadeo, organizados pola Academia Galega de Seguridade Pública. Os interesados dispoñen de dez días naturais para formalizar a solicitude a través do formulario habilitado na web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

Ambos son cursos básicos de Protección Civil que se imparten na modalidade presencial e suman 50 prazas, 25 en cada municipio,. O de Ribadeo desenvolverase entre o 3 e o 7 de abril, e o de Quiroga entre os días 17 e 21 do mesmo mes.

Impartirase formación preceptiva para o exercicio das funcións de voluntario das AVPC  durante 32 horas, 22 delas teóricas e outras 10 prácticas. O contido abrangue a protección civil, os riscos, accidentes e autoprotección, a loita contra os incendios, as comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.