Skip to main content
Quiroga

A edición VII dos Cantos de Taberna de Quiroga celebrarase o vindeiro 9 de marzo

Por 15 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

Quiroga acollerá a VII edición dos Cantos de Taberna o vindeiro sábado 9 de marzo e xa está aberto o prazo para participar neste festival de música tradicional, polo que os grupos interesados xa se poden anotar gratuitamente na casa da Cultura.

Para que se leve a cabo esta actividade precísase un mínimo de seis grupos musicais e un máximo de doce, e que cada grupo conte cun mínimo de cinco integrantes. Unha das novidades que se puxo en marcha o pasado ano e que se mantén este é que se entregarán 150 euros a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, es estes comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.

Está previsto que antes do comezo se reúnan os grupos participantes para darlles o itinerario do percorrido e a actuación en cada establecemento roldará a media hora, rematando sobre a media noite cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago.