Skip to main content
Quiroga

As axudas para mercar un recepto de satélite en Quiroga xa están sendo tramitadas

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Quiroga xa tramita as axudas da A Xunta de Galicia para poder mercar un receptor de satélite nas zonas de sombra de televisión tras o cese das emisións de televisión en SD para dar paso á HD.

As zonas de sombra no Concello de Quiroga afectan Á Seara, O Soldón, Outeiro, Vilarbacú, Pacios da Serra, Cerreixido, Paradapiñol e Paradaseca.

Estas axudas que saíron publicadas no DOG do día 15 de febreiro e poden cubrir ata o 100 % do custo do novo receptor de satélite no caso de vivendas habituais (ata un máximo de 400 euros) ou do 50 % en segundas residencias (cun máximo de 200 euros).

Desde o Concello de Quiroga din que “é importante que o cambio do dispositivo se faga a través dun instalador autorizado para poder acreditar o gasto para pedir as axudas”.