Skip to main content
Quiroga

O alcalde de Quiroga reuniuse coas adegas interesadas en participar na XLII Feira do Viño

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Goberno local de Quiroga xa empezou a convocar a reunións aos representantes das adegas que poden acudir á XLII Feira do Viño de Quiroga que se celebrará a derradeira fin de semana do mes de marzo.

Todas as adegas da subzona Quiroga Bibei, ou que sen estar dentro desta subzona pero si dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e elaboren os seus viños con uva procedente de Quiroga, por contar con viñedos propios no municipio ou por mercar uvas a agricultores quirogueses, poden participar nesta Feira do Viño.

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, protagonizou a primeira reunión, na que as adegas tiveron unha toma de contacto para ser informadas do desenvolvemento desta cita vitivinícola e saber a número de adegas que participarán.

Sobre a mesa quedaron temas importantes que se tratarán en vindeiras xuntanzas como as casetas, o prezo de venta do viño ou o funcionamento do Túnel do viño, que por segundo ano abrirá a feira, encamiñado a probar viños de referencia das adegas da zona que habitualmente non se beben na feira.