Skip to main content
Quiroga

O segundo Faladoiro de Quiroga versará sobre ‘Plantas silvestres, o botiquín da nosa terra’

Por 27 Febreiro, 2024Febreiro 28th, 2024Sin comentarios

Plantas silvestres, o botiquín da nosa terra é o tema sobre o que versará o segundo Faladoiro organizado pola Concellería de Servizos Sociais, e que terá lugar na tarde do mércores a partir das 18.00 horas nas instalacións do Centro Social.

A convidada deste mes, Carol de ‘Malas hierbas’, ten raíces en Ribas de Sil e un día decidiu vir de Barcelona apostando pola vida no rural. Dende hai un tempo vive en Torbeo e impulsa un proxecto que pon en valor o poder curativo das plantas.

Na sesión do mércores, acompañada polo concelleiro Xosé Manuel Fernández Montes, Carol contará como chegou a Galicia e o seu descubrimento das plantas da nosa contorna. A partir de aí, irase coñecendo moito máis sobre o uso das plantas, dende tempos pasados nas aldeas ata a súa recuperación nos nosos tempos. Ademais, Carol falará sobre o poder de sanación e os métodos de utilización das plantas; á vez que recomendará libros para iniciarse no seu coñecemento.

O Faladoiro é unha iniciativa da Área de Servizos Sociais do Concello de Quiroga que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento, na que partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para contar as súa experiencias.