Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil celebra a súa festa de Entroido o vindeiro 10 de febreiro

Por 1 Febreiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil organiza a súa festa de Entroido o vindeiro día 10 de febreiro ás 17.00 horas.

Así, a esa hora sairá o desfile de comparsas desde o pavillón polideportivo municipal San Clodio e percorrerán as rúas do municipio.

Finalmente, as persoas que participen neste desfile de comparsas, ao que xa se poden apuntar, rematarán a súa andaina na praza do Concello, onde se entregarán os premios e todos poderán desfrutar dunha chocolatada.