Skip to main content
Ribas de Sil

O salón de actos do Concello de Ribas de Sil acolle un curso de autodefensa para mulleres

Por 1 Febreiro, 2024Febreiro 13th, 2024Sin comentarios

O vindeiro sábado 10 de febreiro o salón de actos do Concello de Ribas de Sil acolle un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

A xornada, que terá lugar en horario de 9.00 a 14.00 horas, consisitirá na explicación e práctica de técnicas para actuar ante diferentes situacións violentas xunto cun profesional especializado.

Para máis información ou anotarse, as persoas interesadas deben acudir ás oficinas municipais ou chamar aos números 982 42 8237 ou 657 512 562.