Skip to main content
Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil dedicará 300.000 euros á construción dun novo centro turístico

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil ten a intención de crear en San Clodio un novo centro turístico que incluirá catro apartamentos nun edificio de gran valor etnográfico así como unha oficina de información turística.

O coste de execución da obra será de 300.000 euros, aínda que o custo do edificio é de 45.000 euros, xa que se atopa en ruínas e é propiedade da familia Batanero.

Trala compra da edificación, consolidara a cuberta para evitar as filtracións de auga e despois comezarase co interior da vivenda, onde se quere facer na planta baixa unha sala de xogos, unha dependencia da biblioteca municipal e un pequeño museo do ferrocarril.