Skip to main content
Ribas de Sil

Impartirase unha charla sobre os ‘Beneficios da actividade física na saúde’ en Ribas de Sil

Por 20 Febreiro, 2024Sin comentarios

O salón de actos do Concello de Ribas de Sil acolle o vindeiro día 23 de febreiro unha xornada sobre os ‘Beneficios da actividade física na saúde’.

Esta xornada, que comezará ás 17.00 horas, estará a cargo do Doctor Rosendo Bugarín, xefe do Servizo de Atención primaria de Monforte de Lemos).

Todas as persoas interesadas en participar desta actividade gratuíta e promovida pola Deputación de Lugo poderán acudir ata encher o espazo.