Skip to main content
O Saviñao

O desfile de disfraces de Entroido do Saviñao celebrarase este mércores

Por 12 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Concello do Saviñao celebra a súa festa de Entroido este mércores 13 de febreiro nunha carpa instalada na praza de España do Concello.

As persoas que queiran participar deste desfile deberán presentarse ás 16.30 horas no mercado gandeiro, xa que o inicio do desfile será ás 17.00 horas.

Desde o Concello informan de que as comparsas e participantes individuais poderán realizar un baile ou animación na rotonda da praza España para acompañar o seu desfile, xa que se contará tamén coa música do Trío Manhattan Batucada.

Os premios dividiranse por categoría infantil, xeral, individual e haberá premios especiais e para a participación.

  • Na categoría de comparsa infantil, o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 250 euros e o terceiro de 150 euros.
  • Na categoría de comparsa xeral, o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 250 euros e o terceiro de 150 euros.
  • Na categoría individual o primeiro premio será de 80 euros e o segundo de 50 euros.

Por último, os premios especiais serán dun premio á animación, de 50 euros, un premio á carroza, de 50 euros; un a comparsa de menos de 15 membros, de 60 euros, e un a comparsa de máis de 15 membros, de 100 euros.