Skip to main content
O Saviñao

David Taboada e Sergio Alba presentarán ‘Colección Romántica’ no Círculo Saviñao

Por 21 Febreiro, 2024Marzo 26th, 2024Sin comentarios

O Círculo Saviñao acolle o vindeiro 16 de marzo o concerto de David Taboada e Sergio Alba coa súa xira Colección Romántica a partir das 20.00 horas.

O evento, que está aberto a todo o público interesado en asistir, acolle un concerto que busca crear unha experiencia emocional inspirada pola música, a través dunha coidada selección de temas.

Os músicos Sergio Alba, que pon a voz, e David Taboada que é o profesional do piano, contan cunha traxectoria na interpretación e na docencia musical, e queren conectar co público nun formato intimista de voz e piano.