Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Na SD Sarriana promoven os valores e a tecnificación como factores de éxito deportivo

Por 18 Febreiro, 2024Febreiro 19th, 2024Sin comentarios

Desde o equipo de fútbol de Sarria, a SD Sarriana, sosteñen que esta tempada están traballando moito sobre todo no aspecto técnico para promover que “os xogadores estean moi preparados desde fútbol 8 para ter un bo rendemento no fútbol base”.

“En fútbol base seguimos aplicando a filosofía que trata de traballar con respecto, compromiso, disciplina, perseveranza e boa actitude, inculcándolles aos adestradores estes valores para que o traballen ben sobre todo en fútbol 8 de forma unilateral e unísona”, explican.

Ademais, din que están intentando corrixir erros que se cometeron no pasado, polo que “este ano apostamos pola tecnificación, máis incluso que o físico e que poidan competir en categoría Infantil con valores e hábitos”.

Orgullo do traballo e dos resultados

Desde a SD Sarriana sosteñen que “está a competirse ben en Infantil e Cadete, e esperamos que os dous ascendan de categoría. Imos loitar por meternos na liga galega ou polo menos na interprovincial”, defenden.

Por outra parte, din que o Sénior B que se creou este ano por primeira vez está a competir “ben e o obxectivo é meternos en playoff para ascender a segunda rexional ou incluso en primeira, xa que que agora temos un equipo en 3ª RFEF e queremos que poidan chegar ao primeiro equipo”.

Ademais, desde a Sarriana poñen en valor a gran capacidade deportiva do equipo, xa que “temos máis de 220 licencias, é dicir, de xogadores que están traballando e formándose deportivamente con nós”.