Skip to main content
Deportes SARRIAXALáncara

O profesional do Kung Fu de Láncara, Roi Pérez, proclamouse Campión Galego de San Da – Qing Da

Por 20 Febreiro, 2024Sin comentarios

Roi Pérez López, alumno do grupo de Kung Fu da ANPA CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao de Láncara volveu acadar o primeiro posto no Campionato Galego.

Estudante de primeiro curso do Grao de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo na Universidade Vigo, Roi Pérez López “volveu facer gala da súa disciplina, paixón e indiscutible talento” este pasado domingo 12 de febreiro no Campionato Galego de San Da – Qing Da, celebrado na Faculdade de Ciencias do Deporte e Educación Física do INEF da Coruña, volvendo a colgar o ouro.

O pasado ano, entre varios títulos máis, foi proclamado campión galego e poucos meses despois foi recoñecido como campión de España de Qing Da, unha modalidade de Kick Boxing dentro do Wu Shu Artes Marciais Chinesas.

Desde o equipo explican que “estas actividades son máis que un deporte ou entretemento, son una vía de expresión artística e de autorrealización para moitos rapaces e rapazas que atopan na idiosincrasia das artes marciais unha vía de progreso persoal”.

Pero, sosteñen que “isto só é posible cando se dan as oportunidades, cando proxectos como este se materializan, e este é un proxecto que sen a ANPA do CPI Ramón Piñeiro e o esforzo persoal de todas as nais, pais de alumnos e das familias, non sería posible desde que a data de hoxe estas actividades, de longa traxectoria no municipio, deixaron de contar co apoio do Goberno municipal lancarés e de incluírse nas Escolas Deportivas Municipais”, explican.