Skip to main content
O Incio

O Club de Lectura ‘Os Alfabetos’ de Trascastro no Incio cumpriu un ano

Os veciños de Trascastro, no Incio, veñen de cumprir un ano de actividade co seu club de lectura ‘Os Alfabetos’ tras xuntarse case todos os meses para compartir un tempo conxunto e falar sobre os libros que tiveron que ler.

Así, desde a asociación din estar “moi felices por ter cumprido un ano do club” e destacan a actividade que fixeron para celebrar este aniversario, xa que estiveron acompañados pola escritora galega Eva Mejuto, que trouxo o seu libro ‘Memoria do silencio’. “Foi moi fermoso compartir unha comida e a reunión con ela”.

Desde o club animan a todas as persoas interesadas en participar, xa que está dirixido a todos os que sentan a necesidade de xuntarse e compartir inquedanzas con respecto á lectura de adultos.