Skip to main content
O Incio

O libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ será presentado durante a visita da Furgoteca ao Incio

Por 21 Febreiro, 2024Sin comentarios

A Furgoteca chega mañá ao Incio e promoverá unha actividade dentro do horario lectivo do CEIP Ricardo Gasset para todos os nenos e nenas, desde as 11.00 ata as 13.00 horas.

Así, terá lugar a presentación do libro Pedro, o piloto de gaivotas, unha obra escrita por Manuel, autor da obra e Aida, ilustradora do conto; que tamén estarán presentes durante esta actividade.

A actividade estará aberta a todo o público, tanto veciños como familias, polo que desde a Furgoteca animan a todos a participar e desfrutar dunha iniciativa que incluirá un obradoiro de ilustración para os máis pequenos.