Skip to main content
O Incio

Máis de 2 millóns de euros aprobáronse como orzamento do 2024 no Concello do Incio

Por 26 Febreiro, 2024Febreiro 27th, 2024Sin comentarios

O Concello do Incio vén de aprobar o orzamento municipal para este ano 2024, que ascende a 2.249.677 euros, un incremento de máis de medio millón de euros máis ca o ano pasado.

Esta suba está motivada, principalmente, porque o Concello do Incio é este ano o promotor do obradoiro dual de emprego que se desenvolve conxuntamente cos municipios da Pobra do Brollón e Bóveda.

Estes presupostos inclúen unha importante partida de arredor de 600.000 euros para os gastos correntes e servizos do Concello, incluíndo labores na rede de abastecemento de auga co fin de seguir optimizando o servizo e podendo detectar posibles fugas de auga.

Por outra parte, as contas prevén investimentos financiados a través do plan Deputación de cooperación cos concellos, dedicando 240.000 euros a pavimentar accesos e os núcleos de Reboiro, Martín, Bardaos, Teimoi e Rubián de Cima.