Skip to main content
Láncara

Láncara celebra o seu Entroido con dúas xornadas festivas

Por 5 Febreiro, 2024Febreiro 16th, 2024Sin comentarios

O Concello de Láncara celebra a súa festa de Entroido o vindeiro 13 de febreiro a partir das 16.30 horas, á que convida a todos os veciños e veciñas a participar no divertido concurso de disfraces do Entroido.

Así, as persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o vindeiro 12 de febreiro nas diferentes categorías do concurso de disfraces, que serán de individual para maiores de 12 anos, de parellas de máis de 12 anos, de comparsas infantís de nenos de 0 a 16 anos, de comparsas de adultos maiores de 16 anos e de carrozas de mínimo 10 persoas.

O percorrido deste desfile de disfraces terá lugar na praza dos Labradores, na Pobra de San Xiao, aínda que en caso de mal tempo será na pista deportiva do colexio CPI Ramón Piñeiro. Haberá música e inchables para os pequenos do municipio.

Con respecto aos premios, repartiranse diferentes premios, sendo o primero de entre 1oo e 300 euros, o segundo entre 80 e 150 euros e o terceiro entre 50 e 80 euros, e serán entregados por transferencia bancaria.

Entroido coa Asociación Val de Láncara

Por outra banda, A Asociación Val de Láncara tamén organiza unha festa de Entroido o domingo 11 de febreiro, que terá lugar na antiga escola de Láncara a partir das 20.30 horas da noite.

Así, as persoas que participen poderán desfrutar da música en directo de Manuel e o seu acordeón así como da comida, xa que haberá liscos, chourizos e filloas; así como premios para as persoas que vaian disfrazadas.