Skip to main content
Paradela

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza a festa do Entroido esta noite

Por 17 Febreiro, 2024Febreiro 21st, 2024Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza un baile de Entroido o vindeiro 17 de febreiro ás 21.30 horas no mercado gandeiro.

Así, as persoas interesadas poderán desfrutar dunha actividade que estará amenizada polo Dúo Dilema, pagando unha cota de 15 euros se son socios e de 20 euros se non o son.

O prazo para inscribirse nesta iniciativa está aberto ata o vindeiro 14 de febreiro e desde a Asociación animan a todos os veciños e veciñas a participar.