Skip to main content
Paradela

A ruta do Loio está pechada para o tránsito de persoas debido aos danos provocados polo mal tempo

Por 24 Febreiro, 2024Febreiro 25th, 2024Sin comentarios

O Concello de Paradela vén de informar de que a rota do Loio está pechada “por non estar accesible para realizarse, debido aos danos sufridos pola climatoloxía adversa e pendentes de reparar”.

Desta maneira, os veciños e veciñas, turistas e peregrinos que tiveran pensado acudir a esta ruta a desfrutar da paisaxe, non poderán facelo, xa que as condicións non son óptimas.

As fortes chuvias e ventos están a facer que moitas zonas de bosque teñan árbores caídas e unha superficie moi mollada para o bo tránsito das persoas.