Skip to main content
O Páramo

Páramo Pictures volve cun vídeo criticando ironicamente a situación política actual

Por 4 Febreiro, 2024Febreiro 5th, 2024Sin comentarios

O colectivo Páramo Pictures, coñecidos por publicar vídeos musicais e humorísticos cun ton irónico e satírico, vén de publicar un novo vídeo, neste caso sobre as eleccións galegas.

Así, a través da personaxe de Ramón de Faxarda, un dos máis coñecidos da canle, representan o partido Como Dios Manda, que non se vai presentar ás eleccións autonómicas “porque non quere ser presidente”.

Durante os tres minutos de duración do vídeo, Iván Capón, quen representa a personaxe, fai unha análise da situación política actual, comezando polo Concello do Páramo.

Desta maneira, critica a falta de persoal no centro de saúde da vila e a través da ironía ao dicir que a veciñanza debe manterse activa para reducir ao máximo as visitas ao ambulatorio.