Skip to main content
O Páramo

O CEIP do Páramo organiza unha xornada de portas abertas para coñecer o centro educativo

Por 10 Febreiro, 2024Sin comentarios

O colexio do Páramo únese aos concellos de Samos e de Triacastela da comarca de Sarria e promove unhas xornadas de portas abertas para coñecer o centro educativo.

Así, o vindeiro luns 19 de febreiro todas as familias interesadas en coñecer o CEIP poderán facelo achegándose ao Páramo e ver as súas características. Entre as máis destacables, están que se atopa nunha contorna natural, ten unha ratio de alumnado reducida e conta con aulas mixtas.

O prazo de matrícula estará aberto a partir do día 1 de marzo e ata o 20 do mesmo mes.