Skip to main content
O Páramo

O Páramo celebra o seu Entroido cun concurso de disfraces que deixará moitos premios

Por 11 Febreiro, 2024Febreiro 12th, 2024Sin comentarios

O vindeiro luns 12 de febreiro terá lugar a Festa de Entroido do Concello do Páramo 2024 a partir das 23.00 horas no pavillón de deportes.

Así, celebrarase un concurso de disfraces para todas as persoas que se acheguen a participar, así como unha festa e baile para desfrutar desta iniciativa.

As persoas asistentes que vaian disfrazadas poderán participar do concurso, que entregará diferentes premios en categorías: na individual, o primeiro premio será de 75 euros e o segundo un regalo sorpresa; na de parellas, o primeiro premio será de 100 euros e para o segundo, unha cea no Loio; e para as comparsas, para a primeira 150 euros e para a segunda 75 euros.