Skip to main content
O Páramo

Galicia Sempre esixe unha zona industrial no Páramo

Por 28 Febreiro, 2024Febreiro 29th, 2024Sin comentarios

O grupo municipal Galicia Sempre, encabezado polo exalcalde do Páramo, Gumersindo Rodríguez, insta a crear un plan especial para iniciar os trámites necesarios para dotar ao municipio dunha zona urbanizable industrial.

O actual Goberno local mencionou en diversas ocasións a súa intención de crear un polígono industrial no Páramo, pero aínda non o fixo, polo que Rodríguez defende que debe pasar “das palabras aos actos”.

Así, lembran que o Concello xa contratou un Plan Xeral de Urbanismo coa Universidade de Santiago e fíxose un proxecto de creación de chan industrial na parroquia de Moscán, que acollería 20 hectáreas. Porén, o contrato non saíu adiante porque a Xunta elaborou o Plan Básico Municipal e, tendo este plan xa feito, habería que levar a cabo un plan específico para declarar algunha zona como urbanizable industrial, un dos usos da Lei do Solo.