Skip to main content
Samos

O PP de Samos acusa ao Goberno local de endebedar ao Concello

Por 4 Febreiro, 2024Febreiro 5th, 2024Sin comentarios

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, advirte que “a alcaldesa publicou un bulo para tapar a súa ruinosa xestión á fronte do Concello”.

“Non pode negar, como o está a intentar facer, que cando colleu o Concello había máis de 1 millóns de euros de remanente tal e como leu a secretaria no arqueo de toma de posesión ante a presenza de moitos dos veciños de Samos”, explica.

O popular sostén que “en oito meses de goberno do BNG co PSOE acabaron co remanente e xa tiveron que pedir un crédito bancario de 150.000 euros que terán que pagar dos seus petos todos os veciños de Samos a través de impostos”.

Os populares desmenten os bulos do bipartito sobre o préstamo para pagar a nova praza porque “xa quedara unha partida presupostaria aprobada en pleno pola anterior corporación” e que “xa debería estar pagada cos cartos que lles quedaron”.

“Desde a oposición preguntámonos se o préstamo bancario é para pagar a nova praza ou para pagar a subida do soldo da alcaldesa e as dietas polas viaxes das que presume nas redes sociais”. Segundo incide Gallego, “estes gastos tamén os terán que pagar os veciños vía impostos”.

O Goberno local desminte as acusacións

Pola súa parte, a alcaldesa de Samos, Chus López, insiste en que “non hai débeda, senon que é unha póliza de crédito porque só falan do que deixaron, pero non falan de que deixaron todo comprometido,é dicir, pagos que facer por un maior importe”.